Política de privacidad

1. Información ao usuario
Áridos Do Mendo, S.L. como Responsable do Tratamento infórmalle que, segundo o disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016, de protección de datos persoais (RGPD), trataremos os seus datos tal e como reflectimos na presente Política de Privacidade. Nesta Política de Privacidade describimos como recollemos os seus datos persoais e por que os recollemos, que facemos con eles, con quen os compartimos, como os protexemos e as súas opcións en canto ao tratamento dos seus datos persoais. Esta Política aplícase ao tratamento dos seus datos persoais recollidos pola empresa para a prestación dos seus servizos. Se acepta as medidas desta Política, acepta que tratemos os seus datos persoais como se define nesta Política.
2. Contacto

Nombre o razón social: Áridos Do Mendo, S.L.
CIF: B36028934
Dirección: Chan da Salgosa, s/n, (Oleiros)
C.P.: 36457
Localidad: Salvaterra de Miño
Provincia: Pontevedra
PAIS: España

Principios clave

Sempre estivemos comprometidos coa prestación dos nosos servizos co máis alto grao de calidade, o que inclúe tratar os seus datos con seguridade e transparencia. Os nosos principios son:

  • Marketing Directo e cookies: Cumprimos coa lexislación aplicable en materia de publicidade e cookies.
  • Legalidade: Só recolleremos os seus datos persoais para fins específicos, explícitos e lexítimos.
  • Minimización de datos: Limitamos a recollida de datos de carácter persoal a aquilo que é estritamente relevante e necesario para os fins para os que foron recollidos.
  • Limitación da finalidade: Só recolleremos os seus datos persoais para os fins declarados e só segundo os seus desexos.
  • Precisión: Manteremos os seus datos persoais exactos e actualizados.
  • Seguridade dos Datos: Aplicamos as medidas técnicas e organizativas axeitadas e proporcionais aos riscos para garantir que os seus datos non sufran danos, como a divulgación ou acceso non autorizado, a destrución accidental ou ilícita ou a súa perda accidental ou alteración e calquera outra forma de tratamento ilícito.
  • Acceso e Rectificación: Dispoñemos de medios para que acceda ou rectifique os seus datos cando o considere oportuno.
  • Conservación: Conservamos os seus datos persoais de maneira legal e apropiada e só mentres sexa necesario para os fins para os que foron recollidos.
  • As transferencias internacionais: cando se dea o caso de que os seus datos vaian ser transferidos fóra da UE/EEE, protegeranse adecuadamente.
  • Terceiros: O acceso e transferencia de datos persoais a terceiros realízase de acordo coas leis e regulamentos aplicables e coas garantías contractuais axeitadas.
3. Recollida e tratamento dos seus datos
Os tipos de datos que se solicitan e tratan son:
  • Datos de carácter identificativo, de características persoais e de circunstancias sociais.
  • Datos económicos, no seu caso.
Tamén recollemos de forma automática datos sobre a súa visita ao noso sitio web segundo se describe na sección “Uso de cookies” máis adiante. Sempre que solicitemos os seus datos persoais, informaremos con clareza de qué datos persoais recollemos e con que fin. En xeral, recollémos e tratamos os seus datos persoais co propósito de:
  • Respostar ás súas consultas e solicitudes.
  • Proporcionar información sobre os nosos produtos e servizos.
  • Prestar os nosos servizos.
4. Lexitimidade
De acordo coa normativa de protección de datos aplicable, os seus datos persoais poden ser procesados se:
  • Nos deu o seu consentimento aos efectos do tratamento. Por suposto, poderá retirar o seu consentimento en calquera momento.
  • É necesario para a prestación dalgún dos nosos servizos mediante relación contractual entre vostede e nós.
  • Con dito tratamento, buscamos un interese lexítimo que non se vexa prexudicado polos seus dereitos de privacidade. Dito interese lexítimo será comunicado debidamente no aviso de privacidade relacionado con ese tratamento en particular.
  • É requirido pola lei.
5. Os seus dereitos
En relación coa recollida e tratamento dos seus datos persoais, pode poñerse en contacto connosco en calquera momento para:
  • Saber se tratamos os seus datos persoais.
  • Acceder aos seus datos persoais e a calquera outra información indicada no Artigo 15.1 do RGPD.
  • Rectificar os seus datos persoais que sexan inexactos ou estean incompletos de acordo co Artigo 16 do RGPD.
  • Suprimir os seus datos persoais de acordo co Artigo 17 do RGPD.
  • Limitar o tratamento dos seus datos persoais de acordo co Artigo 18 do RGPD.
  • Solicitar a portabilidade dos seus datos de acordo co Artigo 20 do RGPD.
  • Opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais de acordo co artigo 21 do RGPD.
6. Información legal